Estou encantada!
Veño de escoita-lo segundo programa "Llibres i idees", conducido por Gemma Nadal e no que teño a oportunidade de colaborar como contertulia, na sección "Tres cafès", xunto con Elisabet Gimeno e a propia Gemma. Todo e que o meu català é bastante exiguo e limitadiño, as miñas compañeiras compensan abondo esta falla miña e propician que sentir o programa sexa unha experiencia dinámica e rica para os libro-adictos.
"Llibres i idees" consta de dúas seccións. A primeira parte, "La navalla d'Occam", consiste nunha diálogo con Félix Eroles, licenciado en Filosofia e master en varias disciplinas, quen debate con Gemma Nadal sobre libros e temas relacionados coa filosofía, coa socioloxía e co mundo actual, dende unha perspectiva crítica e intelectual que fai desta sección, unha "rara e preciosa avis". Recoméndovolo encarecidamente.
A segunda parte é "Tres cafès", que se orixinou na facultade de Filoloxía da Universitat de Barcelona, onde as tres comenzamos a compartir andanzas e expedicións pola literatura e, algunha que outra, polos camiños da vida. A iniciativa de Gemma, que tanto Elisabet coma eu acollimos con entusiasmo, de falar de libros (agora en público) puido cristalizar grazas aos recursos que nos fornece o Ateneu Roig de Gràcia.
E na súa páxina é onde atoparedes o programa:
Llibres i idees - 1
La navalla d'Occam: Les lleis de l'estupidesa humana de C. M. Cipolla.
Tres cafès: Novel·la negra escrita per dones.
http://www.mixcloud.com/RadioRoig/llibres-i-idees-01/
Llibres i idees - 2
La Doctrina de Shock de Naomi Klein
/ Ciutats literàries
http://www.mixcloud.com/RadioRoig/llibres-i-idees-02/
Na taberna, hoxe, queremos oferecer un brinde pola longa vida dos libros e das ideas, nesta época escura.
Salut, Llibres i idees!
Salut!!!
ResponderEliminarGràcies!
ResponderEliminar