CARTEIS TIRADOS DO BLOGUE: http://aburla.tumblr.com/
sábado, 1 de decembro de 2012
xoves, 29 de novembro de 2012
A dignidade, a luz: ¡devólvenos de "recursos" a "humanos"!
Marcos, Laurentino, Albert e Carlos víronse obrigados a deixar a folga de
fame que viñan mantendo desde hai 23 longuísimos días. Longos e marabillosos.
Desde a súa fame achegáronnos un chisco de luz aos que estabamos ancorados nas
tebras dos nosos recunchos de fartura morna.
A mazá que penduraran do teito apodrecía, en canto que a
dor da súa fame ia taladrando as conciencias da xente que non podía manter
allea a súa loita.
Eu só podo dárvo-las
grazas de corazón e agardar que non fora en van, o voso sacrificio. Non, non
foi en van, CONMOVESTES ATA OS ALICERCES!!! Fotos: Emilius.
domingo, 25 de novembro de 2012
Labirintos
Esta mañanciña a Taberna amenceu no centro dun
labirinto. Dende a fiestra, sob o ceo azul eléctrico,
dexergábanse longos corredores que se bifurcaban, que confluían e refluían uns
noutros, coma se de regatos brincadores se tratara. Fun abrindo portas, xanelas
e ventanos e dende todos eles a vista era parella, inacabable, enigmática. E,
coma nun lostregazo, espreitei nunha galería a ollada esculcadora do Minotauro.
Lembrei ao cego Borges, que saíu e entrou en
múltiples labirintos. E lembrei, daquela, a casa de Asterión, que era do tamaño
do mundo. Alí, cada nove anos o Minotauro cumpría coa súa tarefa de liberar a
un home. Antes de morrer, un deles lle profetizara que un día chegaría o seu
redentor. Daquela, a Asterión deixou de lle mancar a soedade. Teseo
marabillouse: -Ariadna, ¿has crer que o Minotauro case nen se defendeu?
No soño que lle soñou Tabucchi a Dédalo, cando
o arquitecto atopa ao Minotauro, descobre que o monstro ten saudades da Lúa. O
home, compadecido do home-besta, achegoulle as ás de cera e penas e nun chimpo
de felicidade, saíu voando cara a Lúa.
Matinei nos Circuítos do Non, que se compoñían
dunha complicada arquitectura elíptica.
Dubidei se o Minotauro viría esta vegada a
plantexar ou a resolver un enigma. Dubidei se o vira ou non, de certo. E aínda cismei
se o vin fóra ou dentro da Taberna...
Agora cavilo se non serei eu o Minotauro, se
non serás tú, que agora miras...
Tirado das webs:
http://www.futuropasado.com/?p=264
http://www.celtiberia.net/verimg.asp?id=7164
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)