Estou
impaciente por saber qué será de Tyrion Lannister. Son fan del, é o
único Lannister que paga a pena. Tyrion é un dos (varios) frikis que hai
en Xogo de Tronos que espertan as miñas simpatías. A súa estatura
intelectual sobrepasa en moito á maioría que o rodea en Desembarque do
Rei e en versión orixinal ten unha voz moi suxerente. Ademais ten un gran corazón. Empezaba
ver con bos ollos a Jamie Lannister, pero é un personaxe con demasiados
claroscuros, todo e que aos poucos vaise desvelando que o seu carácter é
moito menos cruel que o resto da súa familia e cada vez se atopa máis
unido ao seu irmán Tyrion.
Mais
en Xogo de Tronos ninguén ten a cabeza segura -ai, meu Ned Stark-. A serie
presenta unha loita que parece amoral, pero que non o é. Aínda que
morren xustos (a voda vermella foi impresionante e terrible), non se nos
escapa que nos Sete Reinos estase a librar a eterna loita entre o ben e o
mal e que, con matices, nesta liza interveñen moitos elementos. Mesmo uns terroríficos camiñantes brancos que se parecen moito aos zombies de toda a vida.
A que parece que podería conquistar o Trono de Ferro por feitos e por dereito, Daenerys Targaryen, sáenlle demasiado ben as cousas para estar onde está e os dragóns, ao medraren, presentan iniciativas propias cada vez máis acusadas. En todo caso, a Khaleesi soe aparecer en escenarios moi abertos, moi iluminada, moi celeste; por isto encarnaría unha raíña claramente solar e sería a ficha azul-branca. En canto a Stannis, evidentemente ficha vermella-negra, non lle vexo moito futuro, xa que no fondo está usando forzas que el mesmo non controla e, o peor, matou ao seu irmán, algo censurable aquí e en Lima. Os Stark parecen branco-gris ou branco-negro; son moi rectos e honestos, pero tamén son guerreiros feros e sobrios. Son os preferidos da audiencia, xa que o comezo da historia parte da inxustiza exercida polos Lannister (e por qué non, os Baratheon) sobre esta familia que non fixera outra cousa que serlle fidel ao rei. Os nenos Stark auspícianse como auténticas sorpresas na serie: Arya vai ser unha excelente guerreira escura e romperá cos vellos tópicos; o papel de Bran coido que será decisivo para os Sete Reinos; John Neve sairá da Guardia da Noite digo eu, por mor dalgunha muller que non será Ygritte; Sansa, pobriña era pura e vai camiño de ser unha gran intrigante ou cortesá sobresaínte; e de Rickon Stark non se sabe nada, así que nalgún capítulo haberá sorpresa. Os Lannister son da cor do ouro coa que gañan as guerras, pero este ouro non é solar, é un ouro soterrado, que, como o fondo do seu escudo, repousa sobre un mar de sangue.

Intro de Simpsons, inspirada en Xogo de Tronos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario