domingo, 27 de novembro de 2011

No post adicado a Maruja Mallo falabamos do silenciamento das mulleres na arte. Pois ben, esta semana pasada fun cun grupo visitar a exposición “Impresionistas: mestres franceses da colección Clark” en Caixaforum -que recomendo encarecidamente-.

A guía fíxonos un percorrido riquísimo e esclarecedor a través das telas dos mestres. Nembargantes, as mulleres case voltamos a quedar silenciadas, outravolta: unha das rapazas do grupo fíxolle notar que non falara da presenza feminina na colección, con representantes tan interesantes como Berthe Morisot. A rapaza que remarcou este esquecemento, Maïs, por suposto, é unha artista, e na Taberna da Galiana non pode quedar silenciada, emporiso, deixo aquí á ligazón á súa páxina web e un cadro de Morisot:

http://www.mais.cat/

2 comentarios:

  1. ¿Has pensado en dar voz a estas mujeres a través de tus posts? Sería muy interesante que crearás esta línea de escritura e investigación.

    ResponderEliminar
  2. Resposta meditada: precisaría tempo que non teño para encetar esa vía, pero aí queda para quen poida facelo. Bicos!

    ResponderEliminar