Onte no Ateneu Popular de Nou Barris a arquicoñecida Teresa Forcades falaba sobre a
liberdade e a solidariedade. Das inxentes e interesantes cousas sobre as que
disertou foi sobre a preocupante extensión do concepto liberal tan repetido:“a
liberdade individual chega ata onde comeza a dos demais”. Esta concepción
nefasta fai que percibamos ao próximo coma un rival, coma un inimigo que está a
limitar a nosa liberdade. A monxa confesou preferir o principio anarquista que
reza que “é imposible a liberdade propia sen que a posúan tamén os que nos
rodean”. Entre outras cousas tamén avogou porque o debate sobre o déficit
fiscal de Catalunya non sexa utilizado para tapar o déficit social, moi
superior ao resto do Estado. Frase salientable respecto deste tema: “No vull
una Catalunya governada per La Caixa”. Tamén falou sobre asuntos como a
alienación da capacidade de traballo do individuo e sobre a teoría do
darwinismo social de Máximo Sandín, teoría que na Taberna non coñeciamos e que
prometemos comentar noutro post.
Ada Colau da Plataforma de Afectats per la Hipoteca tamén
emocionou á audiencia cun discurso cheo de humanidade. Lembrounos que a
solidariedade é a chave tanto para manter a loita como para estabelecer unha
rede alternativa de apoios cidadáns. Esta é a única táboa de salvación destas
familias abafadas polas débedas, pero sobre todo por unha presión social e
mediática tremenda que condena o feito de devir “pobre”, algo que lle pode
pasar a calquera asalariada ou asalariado.
Elena Idoate, economista, que viña en representación do
Seminario Taifa, tamén fixo unha intervención moi suxerente na que animaba ao público
asistente a pensar que sí hai alternativas as políticas económicas que nos están
a impoñer e que, en última instancia, nós, os cidadáns, temos moito que dicir e
moito que facer.
http://huelgadehambreentelefonica.blogspot.com.es/
Molt interessant!!!
ResponderEliminar