Perante a desfeita social que nos rodea atopei o outro día un cadro de Delacroix que hoxe sería actualidade: "La Grèce sur les ruines de Missolonghi" –1826.
O simbolismo desta imaxe poderíase tamén extender a moitos outros países.
Recomendabilísima exposición no Caixafórum de Barcelona, aproveitando que ademais hai outra de Goya.
sábado, 31 de marzo de 2012
domingo, 4 de decembro de 2011
A taberna da Galiana tamén nas ondas.
Atopei na rede esta homenaxe radiofónica a Cunqueiro nunha Taberna da Galiana esta vez ubicada nas ondas, e retransmitida por Radio Foz. A ligazón para o escoitar:
http://soundcloud.com/folque/a-taberna-da-galiana-parte1
http://soundcloud.com/folque/a-taberna-da-galiana-parte2
http://soundcloud.com/folque/a-taberna-da-galiana-parte1
http://soundcloud.com/folque/a-taberna-da-galiana-parte2
domingo, 27 de novembro de 2011
No post adicado a Maruja Mallo falabamos do silenciamento das mulleres na arte. Pois ben, esta semana pasada fun cun grupo visitar a exposición “Impresionistas: mestres franceses da colección Clark” en Caixaforum -que recomendo encarecidamente-.
A guía fíxonos un percorrido riquísimo e esclarecedor a través das telas dos mestres. Nembargantes, as mulleres case voltamos a quedar silenciadas, outravolta: unha das rapazas do grupo fíxolle notar que non falara da presenza feminina na colección, con representantes tan interesantes como Berthe Morisot. A rapaza que remarcou este esquecemento, Maïs, por suposto, é unha artista, e na Taberna da Galiana non pode quedar silenciada, emporiso, deixo aquí á ligazón á súa páxina web e un cadro de Morisot:
http://www.mais.cat/

xoves, 29 de setembro de 2011
BRINDEMOS POR MARCOS!
Como non podía ser menos, na Taberna da Galiana alzamos as nosas copas para celebrar a resolución xudicial de hai dous ou tres días que declara NULO o despido de Marcos. Malia a longa sombra do despido de Mari Cruz, considerado improcedente, e que non obriga á empresa á súa readmisión.
Pero hoxe, festa e ledicia. SAÚDE, COMPAÑEIROS!
Pero hoxe, festa e ledicia. SAÚDE, COMPAÑEIROS!
sábado, 20 de agosto de 2011
Perdón por... ¿¿BRINDAR??
Polo visto, as inquinas e as intrigas na corte imperial romana obrigaron aos máis poderosos a instaurar nas celebracións que incluían libacións a práctica de entrechocar as copas para que o líquido de ambas se mesturara, co fin de garantir que ninguén pretendía enveleñar a ninguén. Esta praxe espallouse polas clases menos privilexiadas e, con ese delongamento, perdeu a connotación de receo. Hogano podemos afirmar que o exercicio do brindis é unha manifestación de boa vontade, complacencia, e mesmo de boa educación.
A palabra brindis vén do alemán "bring dich" que significa "ofrézocho". Ofrenda a quen con nós bebe para acadar a súa aquiescencia; rito que reverbera na memoria da humanidade dende o Neolítico.
Esta semana non nos quedou máis remedio que soportar o espectáculo das desculpas que os peperos supranacionais demandaban á súa parroquia porque un dirixente do partido en Donosti brindou co alcalde de Bildu.
Ultimamente teño a sensación de que vivimos no mundo ao revés. A xente honesta, devaluada. Estes pillos, facendo o agosto (nunca mellor dito). Fáltanos ver que algún destes ilustres señores pida perdón, por exemplo, polos casos de corrupción que protagonizan ELES, e non o alcalde de Bildu, escollido polo seu pobo, por máis que lles doa.
Sorte que a corrupción, tomando de referencia os procesos naturais, é sinónimo de descomposición, estadio previo á disolución.
Dende a taberna, elevamos as nosas copas de viño agardando que os deuses lles sexan propicios a aqueles que son quen de brindar, aínda sen ter os elementos a favor. ¡SAÚDE CONVOSCO!
venres, 19 de agosto de 2011
Maruja Mallo porque si.
A lectura dun post no "Kuaderno de la niña problemas", da miña amiga Elisabet, sobre a exposición "Heroínas" trouxo á miña memoria os fermosos cadros de Maruja Mallo. O outro día consultei o catálogo e aledoume moito constatar a presencia alí desta pintora de orixe luguesa.
Sen ser experta en arte, a calidade desta artista é indiscutible. E, sen embargo, moi pouca xente podería nomeala entre as pintoras e os pintores máis representativos do século XX español. ¡Mesmo tivo o honor de ser expulsada formalmente do surrealismo! Pero... ¿realmente alguén pode nomear algunha muller nesta categoría? Rescatemos a estas mulleres do esquecemento, louvemos as obras daquelas que se mollaron de verdade, falemos das silenciadas e silenciados polo franquismo, acollamos aos que foron exiliados. A súa rebeldía explicítase na composición na que denuncia o poder das sotanas en España ¡aínda hoxe é ben actual! Temos ao Papa de Roma ocupando a Porta do Sol, e a policía cargando contra os partidarios do laicismo.
Hoxe, na taberna, penduramos na parede un cadro exquisito: "La sorpresa del trigo" (1936). E debaixo engadimos as verbas que Lorca (unha chiscadela para Elisabet) dedicou a Maruja.
"Maruja Mallo, entre Verbena y Espantajo toda la belleza del mundo cabe dentro del ojo, sus cuadros son los que he visto pintados con más imaginación, emoción y sensualidad."
Federico García Lorca
xoves, 21 de xullo de 2011
Olivia
Sempre durmías aos meus pés. Saías a recibirnos. Xogamos xuntas. Mesmo nos acompañaches en moitas viaxes. Agarimabas en nós de tal xeito que, desde onte, o fogar está valeiro sen ti. Fuches e es un familiar máis, a nosa e queridísima amiga de ollos esmeralda.
martes, 28 de xuño de 2011
Galiza sen prensa en galego, que flash!!
O único e derradeiro diario integramente redactado en galego pecha hoxe debido á falta de axudas e á crise.
http://www.galiciahoxe.com/portada/gh/falta-axudas-crise-deixan-galicia-sen-xornal-galego/idEdicion-2011-06-28/idNoticia-682746/
A política da Xunta é contundente: esta é a Galiza que queren, colonizada, en castelán, desposuída dos seus valores intrínsecos. ´
Sinto mágoa e noxo. Hoxe pecho a taberna e vou correndo á flash mob...
http://sisoyrentable.tumblr.com/

sábado, 25 de xuño de 2011
ENTRE LUSCO E FUSCO: LUME NOVO E LUME VELLO

Estamos nun momento máxico, santificado polos católocos baixo a advocación dos santos Xoán (día 24) e Pedro e Pablo (29 de xuño), todos eles figuras moi relevantes do seu panteón.
En Galiza, estes días aínda levan cadanseu nome pagano: o día do Lume Novo e o día do Lume Vello. Dous días marcadores dun espazo temporal, dun momento de purificación polo lume. Noites de meigas. Punto álxido anual de luminiscencia. Noites curtas e longos días. ¿Serán propicios para a iluminación?
E non só prima o lume esta noite tan especial, senón que semella que en tal noite tódolos elementos da natureza potencien as súas propiedades máxicas:
as augas son máis medicinais, o mar propicia máis que nunca a fecundidade, as herbas e plantas recollidas no solsticio teñen un poder especial...
venres, 29 de abril de 2011
PETÖFI
Hasta Kiskörös mismo chegaban os carreiriños de herba verde.
Hasta Kisköros mismo, os cómaros verdes das veigas de Hungría.
Hasta o mismo Kisköros, os verdes das veigas de rosas amarelas.
Hasta Kisköros, con canciós ledas do Danubio.
Era un tempo de longas espadas brillantes,
en que os poetas morrían cunha rosa no peito
e un poema que nunca se puido rematar.
Corazós coma craras bandeiras
alcendían o vento pasmado.
E a voz sempre se finaba nunha rosa aberta de sangre.
Viúdas de vivos tráxicos
mataban ô mencer tristes lámparas desveladas.
Eran pequenas as noites de longas chuchas salgadas e amargues,
nas que se paraba o negro da ruleta dos conspiradores.
Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos menceres coma espadas!
Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos adioses pra sempre!
Cómo revoaban as capas dos cosacos en Segosvar!
Tirado de "Cómaros Verdes" de Aquilino Iglesia Alvariño.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)