A diferencia do que pasa noutras latitudes, esta camada de neocons ibéricos que nos gobernan son dados a proclamar as marabillas da xestión privada, non obstante son case todos eles ALTOS FUNCIONARIOS DO ESTADO e nunca, o que se di, nunca, fundaron unha empresa próspera. A ver, ¿alguén me pode dar conta dalgunha?
Por certo, só privatizan o que se pode rentabilizar. Olla, olla cómo acoden prestos a socializa-las perdas das autopistas, das petrolífieras, dos bancos, e, se escae, do canal de Panamá.
Dilapidan cartos públicos en obras faraónicas que, por non achegar, non achegan nin a beleza das de outrora. Se cadra porque, visto o visto, unha gran partida deses cartos puidera ir engraxar segredamente outros petos, ou remata ben gardadiño en contas alpinas pouco correntes, presuntamente. Para eles o patrimonio público é deles, e non contemplan en ningún momento ter que dar explicacións de qué fan coas súas cousas.
Amosan un desprezo absoluto pola clase traballadora, pola xustiza e, no fondo, por aquel concepto con que se lles enche o fuciño nos seus discursos, España. Con todo, eles dicen profesa-la relixión católica, rama euroccidental do cristianismo, da que realmente só lles interesan aspectos litúrxicos (como misas, peinetas e estatuas) e desbotan absolutamente todos e cada un dos preceptos éticos da mesma.
Hai moitas máis razóns, pero case se resumen nestas.
xoves, 20 de novembro de 2014
martes, 26 de agosto de 2014
SENTADA NO PEIRAO DA BAHÍA... DEIXANDO O TEMPO PASAR.
Indolencia, tranquilidade, relaxación. O espírito das vacacións.
martes, 27 de maio de 2014
O circo de Europa 2014.
Semella
que algo está a mudar no arco político europeo. En Francia a ameaza da
extrema dereita, ao fin, materializouse. Aínda que os máis votados aquí
-que non tildamos de extremos- non sei eu se serán aínda piores: ¡a
Marine LePen semelláballe retrógrada a lei do aborto do PP! O destes
lares de acolá aínda é máis esperpéntico. A estas alturas coido que é hixiénico mirar o circo desde unha certa distancia.
O día da marmota: en Galicia detectan e denuncian a presenza de coches de Fomento nas mesas electorais.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/05/25/psoe-lugo-denuncia-vehiculos-fomento-delante-concello-as-nogais/00031401041334543901359.htm?idioma=galego
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/05/25/psoe-lugo-denuncia-vehiculos-fomento-delante-concello-as-nogais/00031401041334543901359.htm?idioma=galego
Unha reflexión: ¿Será posible que nalgunhas mesas faltara a papeleta de "Os Pobos Deciden"?
http://www.sermosgaliza.com/articulo/politica/denuncias-todo-estado-pola-ausencia-papeletas-pobos-deciden/20140525145314027667.htmlmartes, 20 de maio de 2014
Cántiga de xeo e lume. Game of Thrones.
Estou
impaciente por saber qué será de Tyrion Lannister. Son fan del, é o
único Lannister que paga a pena. Tyrion é un dos (varios) frikis que hai
en Xogo de Tronos que espertan as miñas simpatías. A súa estatura
intelectual sobrepasa en moito á maioría que o rodea en Desembarque do
Rei e en versión orixinal ten unha voz moi suxerente. Ademais ten un gran corazón. Empezaba
ver con bos ollos a Jamie Lannister, pero é un personaxe con demasiados
claroscuros, todo e que aos poucos vaise desvelando que o seu carácter é
moito menos cruel que o resto da súa familia e cada vez se atopa máis
unido ao seu irmán Tyrion.
Mais
en Xogo de Tronos ninguén ten a cabeza segura -ai, meu Ned Stark-. A serie
presenta unha loita que parece amoral, pero que non o é. Aínda que
morren xustos (a voda vermella foi impresionante e terrible), non se nos
escapa que nos Sete Reinos estase a librar a eterna loita entre o ben e o
mal e que, con matices, nesta liza interveñen moitos elementos. Mesmo uns terroríficos camiñantes brancos que se parecen moito aos zombies de toda a vida.
A que parece que podería conquistar o Trono de Ferro por feitos e por dereito, Daenerys Targaryen, sáenlle demasiado ben as cousas para estar onde está e os dragóns, ao medraren, presentan iniciativas propias cada vez máis acusadas. En todo caso, a Khaleesi soe aparecer en escenarios moi abertos, moi iluminada, moi celeste; por isto encarnaría unha raíña claramente solar e sería a ficha azul-branca. En canto a Stannis, evidentemente ficha vermella-negra, non lle vexo moito futuro, xa que no fondo está usando forzas que el mesmo non controla e, o peor, matou ao seu irmán, algo censurable aquí e en Lima. Os Stark parecen branco-gris ou branco-negro; son moi rectos e honestos, pero tamén son guerreiros feros e sobrios. Son os preferidos da audiencia, xa que o comezo da historia parte da inxustiza exercida polos Lannister (e por qué non, os Baratheon) sobre esta familia que non fixera outra cousa que serlle fidel ao rei. Os nenos Stark auspícianse como auténticas sorpresas na serie: Arya vai ser unha excelente guerreira escura e romperá cos vellos tópicos; o papel de Bran coido que será decisivo para os Sete Reinos; John Neve sairá da Guardia da Noite digo eu, por mor dalgunha muller que non será Ygritte; Sansa, pobriña era pura e vai camiño de ser unha gran intrigante ou cortesá sobresaínte; e de Rickon Stark non se sabe nada, así que nalgún capítulo haberá sorpresa. Os Lannister son da cor do ouro coa que gañan as guerras, pero este ouro non é solar, é un ouro soterrado, que, como o fondo do seu escudo, repousa sobre un mar de sangue.

Intro de Simpsons, inspirada en Xogo de Tronos.
mércores, 16 de abril de 2014
A illa da lagoa de Innisfree.
Cada día soño coa illa da lagoa de Innisfree... ou se cadra é a lagoa de Fonmiñá, alí onde abrolla o Pai Miño. Hai quen di que as fontes do río non son tal, senón que están no Pedregal de Irimia. Tanto ten. Cada noite soño coa illa da lagoa de Innisfree.
(Tradución de María Carreira)
A illa da lagoa de
Innisfree. W. B. Yeats.
Heime erguer e botar a andar, e irei cara Innisfree,
construirei alí unha casoupa, feita en barro e silveiras;
nove regos de fréxales hei ter, unha cortiza para o mel,
e vivirei senlleiro ao arrolo do seu fungar.
E alí atoparei algo de paz, a paz que da quietude vai pingando,
esvarando desde as sedas do abrente ata onde os grilos cantan;
alí a noite pecha é toda diáfana, o mediodía un esplendor purpúreo
e a bocanoite chea de ás de liñaceiros.
Heime erguer e botar a andar, noite e día,
sinto a auga da lagoa chapicar mainiño contra a ribeira;
namentres eu fico en pé na estrada, ou no asfalto gris,
síntoa na cerna profunda da alma.

The Lake Isle of Innisfree read by Yeats.
Lagoa de Fonmiñá. (Fotografía tirada de www.galiciaunica.es)
Pedregal de Irimia. (Fotografía tirada de www.culturagalega.org)
luns, 31 de marzo de 2014
Un día perfecto. Lou Reed.
Un día perfecto;
Bebendo sangría no
parque.
E despois, co luscofusco,
Voltamos a casa.
Un día perfecto;
Alimentamos animais do
zoo
Despois imos tamén ao
cine
E voltamos a casa.
Oh, é un día tan perfecto,
Estou feliz de
pasalo contigo
Oh, é un día tan
perfecto,
Fas que me sinta ben
Fas que me sinta ben.
Simplemente un día perfecto;
Esquencémolos nosos
problemas
Domingueiros de nós
mesmos
É tan divertido.
Simplemente un día perfecto;
Fas que me esqueza de min
Coidei que eu era alguén
diferente
Alguén bo.
Oh, é un día tan perfecto
Estou feliz de
pasalo contigo
Oh, é un día tan perfecto
Fas que me sinta ben.
Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches.
Tradución: María Carreira.
xoves, 27 de marzo de 2014
Siempre que sueño las playas... Elisabet Gimeno.
Xa ule a verán. E para soñar un pouco o mar andaluz de Marinero en tierra, paga a pena deixarse levar na nave de Elisabet... que dentro de moi pouquiño saca un novo disco. ¡Bravo, artista!
http://www.elisabetgimeno.com/
http://www.elisabetgimeno.com/
xoves, 6 de febreiro de 2014
ESTAMPAS.
INVERNO
Esculca estrelecida, cos
ollos arrasados sob a friaxe, fitando fixamente paisaxes mariñas. Ao seus pés a
escuma branca de ondas imposibles lambendo outeiros e valados deixa asomar
picudas puntas de lanzales pinos, vellos guerreiros petrificados.
PRIMAVERA
A trabe do mundo ten
alicerces en Castroverde. Non é trabe de ouro nin de alcatrán. É de pedra e de
madeira. Unha madeira que aos poucos vai apodrecendo entre fungos, balores e humidades
silentes, se cadra por descuidos ou porque a terra que sostén foi excesivamente rigorosa cos seus fillos máis místicos. Cos que estaban destinados a coidala, a
untala en óleos recendentes coas súas propias mans.
VERÁN
O vrau axexaba aos nenos
deitados no prado. Sopláballes lene brisa nas súas pálpebras pechadas polo sol.
Na festa os nenos escoitaban só o ir e vir das abellas e tamén dalgún tabao. Tu bebías viño mineral. No serán, as vacas, regaladas de si mesmas,
eran as donas absolutas do universo da montaña.
OUTONO
Un millón de vacas. A terra fendida polo ferro en leiras infinitas. Alí,
na horta pequena debullamos mil veces estrañas legumes das súas vainas. Mazás ácidas
e tréboles verdes. Ao paso dos cometas, desde as grandes laxes, mirabamos ao firmamento rutilante, soñando
con druidas e música e cousas segredas e antigas. Castroverde lonxano era só unha
posibilidade máis desde A Vaqueriza.
mércores, 11 de decembro de 2013
EU AMO
Eu adoro sentir o son da choiva desde a cama durante as longas noites de inverno. Eu amo o murmurio do vento entre as follas marelas e secas das árbores caducifolias, prontas a caer para nutri-la terra. Eu amo o vai e vén das ondas coa súa escuma a estoupar sobre as rochas, nunha alternacia fragorosa entre o berro e a efervescencia. Eu amo sobremaneira quedar hipnotizada cos matices da luz e co crepitar dunha fogueira. Amo tódolos ríos do mundo, pero fascíname o Pai Miño, lenturento, calado e voraz ao seu paso por Lugo. Amo a natureza sen estragar e os animais, coma irmáns xenerosos que nos redimen aos humanos das terribles falcatruadas e crueldades baleiras.
Pero eu tamén amo a música a todo volume, as festas ruidosas, as manifestacións numerosísimas e tronantes, percorrendo prazas e rúas, cantando consignas proletarias e soñando coa libertade, a igualdade e a fraternidade, coma terras lonxanas e prometidas. E tamén amo os berros dos nenos no patio das escolas, cando xogan xogos que os adultos non podemos comprender, porque xa os temos esquecidos...
Con tanto amor polo mundo, as xentes, a natureza, o mar, o lume, a música, os colectivos reivindicativos, os nenos... Uf! Ás veces é preciso parar e tomar unha certa distancia.
Entón debe ser por iso que eu amo tamén o silenzo, a meditación, o recollemento e, ademais, os gatos e Bach.

Castelao. Rolda de nenos, 1943.
domingo, 15 de setembro de 2013
Para comezar a escola, adaptación libre de Lincoln co texto orixinal ao fondo.
Adaptación libre
da carta que se lle atribúe a Abraham Lincoln, enviada ao mestre do seu fillo.
A miña
filla comeza hoxe a escola. Todo lle ha resultar estraño e novo e é por iso que
desexaría que a trate con agarimo. Comeza unha aventura que a vai levar a
través de continentes. Tódalas aventuras inclúen guerras, traxedia e tristura.
Pero tamén para vivir a súa vida ha necesitar fe, amor e valentía.
Por
iso, querido Mestre, prégolle que a colla da man e lle ensine as cousas que ten
que aprender, apréndallo con agarimo, na medida que lle sexa posible.
Apréndalle que por cada enemigo, hai un amigo. Ela terá que saber que non todas
as persoas son xustas, que non todas son rectas. Pero apréndalle tamén que por
cada pillabán existe un heroe, e que por cada político deshonesto, hai un líder
entregado.
Apréndalle
se pode que 10 céntimos gañados son moitísimo máis valiosos que un dólar
atopado. Que na escola, mestre, é moito máis honroso fallar que facer trampas.
Apréndalle a perder con elegancia, e a disfrutar coa victoria cando gañe.
Apréndalle
a ser amable coa boa xente, e firme coa xente dura. Guíea lonxe da envexa e
apréndalle o segredo do riso tranquilo. Apréndalle, se pode, a rir cando estea
triste, apréndalle a non se avergoñar das propias bágoas. Apréndalle que tamén
existe a gloria no fracaso e a desesperación no éxito. Apréndalle a se burlar
dos hipócritas.
Apréndalle
se vostede pode cantas marabillas hai nos libros, pero tamén déalle tempo a
valorar o misterio máxico dos paxaros no ceo, as abellas baixo o sol e as
flores nos verdes outeiros. Apréndalle a ter fe nas súas propias ideas, mesmo
cando todos os demáis lle digan que está trabucada.
Téntelle
amosar á miña filla a acadara forza necesaria para non seguir ás masas cando
todos o fagan. Apréndallele a escoitar a todo o mundo, pero apréndalle tamén a
filtrar a verdade no que oe e a quedarse só co bo que lle chega.
Apréndalle
a vender os seus talentos ao mellor postor, pero nunca a poñer prezo ao seu
corazón e á súa alma. Anímea a ter a coraxe de ser impaciente, anímea a ter a
paciencia de ser afouta. Apréndalle a ter fe sublime en sí mesma, para que teña
sempre fe suprema na humanidade, en Deus.
Pídolle
todo isto, Mestre, e mire qué é o que pode facer. Ela é só unha neniña pequena
e boa, e é a miña filla.
A escola de Doloriñas. Julia Minguillón, 1943.
Letter
from Abraham Lincoln to his son’s teacher
My son
starts school today. It is all going to be strange and new to him for a while
and I wish you would treat him gently. It is an adventure that might take him
across continents. All adventures that probably include wars, tragedy and
sorrow. To live this life will require faith, love and courage.
So dear
Teacher, will you please take him by his hand and teach him things he will have
to know, teaching him - but gently, if you can. Teach him that for every enemy,
there is a friend. He will have to know that all men are not just, that all men
are not true. But teach him also that for every scoundrel there is a hero, that
for every crooked politician, there is a dedicated leader.
Teach
him if you can that 10 cents earned is of far more value than a dollar found.
In school, teacher, it is far more honorable to fail than to cheat. Teach him
to learn how to gracefully lose, and enjoy winning when he does win.
Teach
him to be gentle with people, tough with tough people. Steer him away from envy
if you can and teach him the secret of quiet laughter. Teach him if you can -
how to laugh when he is sad, teach him there is no shame in tears. Teach him
there can be glory in failure and despair in success. Teach him to scoff at
cynics.
Teach
him if you can the wonders of books, but also give time to ponder the extreme
mystery of birds in the sky, bees in the sun and flowers on a green hill. Teach
him to have faith in his own ideas, even if everyone tell him they are wrong.
Try to
give my son the strength not to follow the crowd when everyone else is doing
it. Teach him to listen to everyone, but teach him also to filters all that he
hears on a screen of truth and take only the good that comes through.
Teach him to sell his talents and brains to
the highest bidder but never to put a price tag on his heart and soul. Let him
have the courage to be impatient, let him have the patient to be brave. Teach
him to have sublime faith in himself,
because
then he will always have sublime faith in mankind, in God.
This is
the order, teacher but see what best you can do. He is such a nice little boy
and he is my son.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)