sábado, 12 de marzo de 2011

Carta aos diarios.

¿Tenemos que suicidarnos?
Libertad Condicional 03 Mar 2011 10:38 GMT

Esta carta se ha enviado a los principales diarios de España, veremos en cuántos sale publicada.
Señor director,

le escribo esta carta con la esperanza -infundada- de que la publiquen, aunque es improbable, ya que no tengo dinero y, sin embargo, voy a criticar a quien sí tiene mucho dinero y, además, les financia a ustedes. Nuestras protestas y manifestaciones nunca salen en los medios, pues la publicidad vale mucho dinero.

Telefónica, ahora Movistar para los amigos, está despidiendo trabajadores por la simple razón de haber estado de baja médica legal. Lo hace amparándose en la ley que ha aprobado recientemente el gobierno que llaman "socialista". Movistar también cuenta con la connivencia de los "sindicatos" principales UGT y CCOO que consideran un hecho excepcional estos despidos y no van a hacer nada más de lo que han hecho al respecto. Los despedidos siguen en la calle. Lo chocante de todo esto es que el grupo Telefónica presenta sus cuentas: brillantes, espectaculares fuera del país, PERO en España los beneficios disminuyen, lo que al parecer justifica que vayan a hacer nuevos ajustes en la plantilla. Me pregunto si en Alemania, con quien tanto nos gustaría compararnos, las empresas tratan así a sus trabajadores. ¿Es esto hacer país sobre todo ahora con la grave crisis económica que estamos padeciendo? Después que no nos den charlas para que arrimemos el hombro: ¡que lo arrimen los que más ganan! Me refiero a las empresas como Telefónica, que, en vez de dar soporte al tejido social del país lo que hacen es llevarse los puestos de trabajo a lugares donde pueden explotar más a gusto a los sufridos trabajadores. Y no olvidemos que esta proyección internacional se ha fundamentado en el trabajo de gente que lleva más de 20 años en la empresa (gente como los que han despedido), muchos más años en Telefónica que César Alierta, por poner un ejemplo. Y ahora, ¿qué van a hacer sin trabajo?

Éramos de los pocos empleos dignos. Cada día que pasa van haciéndolos más precarios. Igualando a la baja. Cuando en Francia se armó la marimorena por la ola de suicidios entre los empleados de France Telecom, el estado galo intervino -ya que aún participa en la empresa- pues los trabajadores sufrieron acosos parecidos y por lo que sé, incluso menos graves que los que estamos sufriendo los trabajadores de Telefónica de España: movilidad geográfica, recortes en derechos que había consolidados, presión y control, ERE's masivos, y, para nosotros, además, el miedo a ponerte enfermo. La edad de la plantilla fija de Telefónica oscila entre los 40 y los 55 años, momento de la vida en el que no tiene algún problemilla de salud es porque tiene un problemón.

En el fondo lo que hay detrás de esta maniobra es el objetivo de ir deshaciendo una plantilla que les parece cara (pero cuando hablamos con los clientes, quieren que sus averías las atendamos nosotros, los caros, no que las traten desde Sudamérica). Tienen que ahorrar para repartir dividendos, para pagar a esa dirección y consejo formado por gente como Urdangarín o Zaplana. Además ahora toca negociar convenio colectivo, por supuesto a la baja. Los trabajadores estamos vendidos por CCOO y UGT.

¿Tendremos que suicidarnos?

Atentamente,
Libertad.

mércores, 9 de marzo de 2011

A verdadeira historia da Taberna da Galiana.

Recupero unha nota publicada no nº 72 da Revista Grial en 1981, titulada "A TABERNA DA GALIANA"

Había unha chea de tempo que Cunqueiro viña matinando en escribir unha novlea con este título, que lle adicaría a Ramón Piñeiro. Pensou moito nela, e tivo sempre o propósito de lle dar remate antes de que a sua doenza se agravase máis. Un día, respondendo a este anceio seu, púxose a teclear na máquina o enceto da narración. Mecanografiou o primeiro folio, e non pasou de ahí. Inda que, en varias ocasións, tencionou reanudar o traballo, nono conseguiu. O mirar enfeblecido dos seus ollos impediullo.

Pra coñecemento dos leitores de GRIAL e dos que se interesen pola obra cunqueirana, reproducimos a seguido as frases mecanografiadas coas que encetou o libro que non chegaría a continuar.



A taberna da Galiana estaba á metade do camiño. Pro non sei decir á mitade de cál camiño, de ónde a ónde. Cando lle preguntaba a algún que eu coidaba que debería saber de cál parte caía a taberna da Galiana, soía responderme que de parte de lonxe, que era como non contestarme nada. Tamén preguntei si quedaba á man dereita ou á esquerda, e respondéronme que asegún pra onde fora. Viaxeiros que iban e viñan dos diferentes mundos, todos se atopaban na taberna de Galiana. Eu cheguei a pensar que estando na mitade dun camiño, pois estaba na mitade de todos os camiños. Decíame que si eu saía de viaxe, fose cal fose o meu destino, que de seguro que pasaba pola taberna da Galiana. Querendo saber si estaba nun alto ou nun baixo, un a quen llo preguntei contestoume que asegún se mirase. Tampouco me decía si a casa era grande ou pequena, si estaba soia ou había outras perto dela.
-Ten un saído grande cercado de loureiro. Hai unha fonte cun pilón pra o gado. Hai un mazaeiro. Hai unha mesa de pedra. Hai no fondal da horta un pombal redondo, mui encalado...
-¿El como saberei eu que cheguei á taberna da Galiana?
-¡Pola risa dela, home!, díxome un vello que pasou, anoitecendo, por diante da miña porta, e a quen lle ofrecín un codo de pan. Era pequeno, afiado de cara, cubríase cun sombreiro vello e levaba na man dereita un maletín de pel negra. O que máis chamaba a atención del era o gabán, que llo fixeran prás medras, un gabán verde, longo que case lle arrastraba polo chan. Tiña os ollos azúes, e uns dentes mui brancos.
-¡Xa a escoitarás rir ás gargalladas!
Deulle unha dentada ao pan e sorriume.
-¡Tendes bon trigo por aquí!

Eu quedei cavilando na risa de Galiana. Nova non podería ser, porque eu conocera xente que estivera naquela taberna sua e xa morrera de vella. Podería ser que houbese habido unha Galiana que xa finou, e logo veu unha filla, que será vella, e agora hai unha terceira Galiana, que será aínda moza, e será a que rí ás gargalladas. Esta Galiana moza, rindo, rindo, foi a que me quitou o sono. Eu acaroábame a aquela memoria na noite. Desque me vira entrar xa se puxera por min, pasando por diante da miña cara aquele brazo tan branco pra encherme o vaso de viño.



A última nova literaria que temos da taberna da Galiana é na novela curta "Arnoia, Arnoia" de Xosé Luís Méndez Ferrín. Nela dase conta de que na taberna, que xa é de seu unha encrucillada do mundo que coñecemos co trasmundo (ou trasmundos), hai un espello que tamén é portal cara outras realidades.

martes, 8 de marzo de 2011

Marcos, despedido.

Dende hai máis de un mes Marcos xa non ten que "fichar". Despedírono da empresa a el e a Mari Cruz, unha muller de Madrid. A razón é que estivo doente de xeito intermitente máis de 13 días nun prazo de tres meses (é algo así aproximadamente). O caso é que el tiña un parte de baixa do médico, todo legal. E agora, despois de 22 anos traballados, cunha enfermidade crónica, despedido, expulsado, condenado ao paro, pois neste país ¿onde traballar agora?

O medo despregou as súas ás escuras e deixou aos seus colegas cos ollos desmesuradamente abertos e as bocas desproporcionadamente pechadas. Todos nos laiamos, pero non hai quen terme da bandeira.

Pasou un mes, e os compañeiros fixemos unha folga dun día coa súa manifestación e dúas protestas diante do Congreso Internacional de Móbiles. Hoxe, seméllaseme que pasou moito tempo desde aquela e Marcos... Marcos... ¡quen sabe!

Ligazóns:

http://llacunaenlucha.blogspot.com/

http://www.btvnoticies.cat/2011/02/24/protesta-movistar-barcelona-treballadors-acomiadaments-ero/

http://www.indymedia.org/pt/2011/03/946413.shtml

xoves, 20 de xaneiro de 2011

"As uvas da ira" de John Steinbeck.


Veño de ler a miña primeira novela de Steinbeck, e para a estrea escollín "As uvas da ira", publicada a finais da década dos 30, coido que en 1938 e considerada o cumio da súa obra. Armouse unha boa, con esta publicación. A Steinbeck acusárono de comunista e antipatriota (todo e que non o era, nin do un nin do outro), resumindo, de antiamericano polo feito de retratar a estratexia das empresas e dos bancos que dun xeito desalmado chegaron a apropiarse das terras dos pequenos agricultores, provocando un éxodo masivo cara a California, recentemente -daquela- arrebatada ao veciño México.

Os protagonistas son os membros dunha familia labrega que, perante a última colleita estragada, atópanse nunha situación de bancarrota ao non poder devolver un empréstito ao banco. Como os seus veciños, acabaran obrigados ao monocultivo, este só lles proporcionaba o xusto para ir tirando: pagar a parte correspondente do creto e alimentarse, nesta orde. Así a "Compañía" faise coas terras deles e de todos os seus conveciños, que se ven obrigados a abandonar a terra que, 50 anos atrás, os seus pioneiros avós riparan aos indios a tiro limpo.
O mito do paraíso proxéctase nunha terra cálida, soleada, rica non: ubérrima. A soñada California, onde medran doces laranxas, saborosos péxegos e... as uvas que serán da ira.
O percorrido cara a California, vai estar cheo de penurias e fame, mesmo de morte e abandonos. A chegada á terra prometida tamén vai ser decepcionante. Os poderosos, coa complicidade da policía, aprovéitanse da situación de desamparo e obríganos a traballar barato e a mercar a comida moi cara, pero ¡ai dos esfamiados! ¿e logo que han facer? Só atopan misericordia nos máis pobres, nos desherdados, que comparten todo o que teñen cos máis desposuídos.

O elemento que arrepiou aos que denostaron a novela non foi a fame, nin o retrato da banca depredadora e inhumana. O que lles puxo a pel de pita é que os oprimidos, esta vez, eran os WASP (White AngloSaxon Protestant), ou sexa, pertencentes á clase social máis poderosa dos Estados Unidos, cuia definición claramente exclúe católicos, xudeos, negros, hispanos, asiáticos e indios americanos, os cabeza de turco habituais. O horroroso para eles é que as circunstancias provoquen que uns granxeiros de Oklahoma (despectivamente, okies) acaben convertíndose en "roxos", en algo parecido a comunistas. Tamén hai referencias ao stablishment do momento: Roosvelt sae ben parado, en comparación co seu antecesor, Hoover, quen empezara o seu mandato nunha relativa prosperidade a acabouno no medio da xigantesca crise que se deu en chamar "A Gran Depresión".

A calidade literaria da novela, ademais do moi bo tratamento das personaxes, a achega o intercalado entre cada capítulo da trama novelesca dun capítulo de ton máis abstracto, mesmo lírico. Cada capítulo destes arreda ao lector da microhistoria desta familia para presentarlle unha panorámica xeral do país e reflexións tan acertadas que hoxe aínda as poderiamos atribuír a certas prácticas bancarias e empresariais moi en voga no noso tempo.

Dende aquí, recomendo a quen teña ganas e tempo a lectura desta novela, sobre todo en canto a que temos disposición a pensar que é novidade no mundo o que xa lles pasou aos avós.

Foto: Dorothea Lange, "Mai emigrante".

mércores, 19 de xaneiro de 2011

Rebaixas.

Encántanme as rebaixas. Como son unha recolectora nata disfruto un mundo paseando polas rúas en entrando en toda canta tenda de roupa hai no planeta. Aínda que despois resulta que non compro tanto... O caso é que onte, en inmellorable compaña, saímos dar unha volta. Nunha coñecida cadea de grandes almacenes, merquei unha bufanda de pelo sintético. Como estaba tan ben logrado pregunteille ao dependente se era natural ou sintético:

-"Se fose pel natural sería moitísimo máis caro!"

Alédanme estos pequenos detalles que me lembran que a ecoloxía vai parella coa economía.

martes, 26 de outubro de 2010

2666

2666 de Roberto Bolaño.

A novela póstuma de Bolaño evoca no título, primeiro enigma que se propón ao lector, unha combinación da cifra apocalíptica coa do milenio presente. Só hai un elemento de paratexto que encabeza o corpo da novela, unha cita arrepiante de Baudelaire: “Un oasis de horror en medio de un desierto de aburrimiento”.

Este é o panorama nada esperanzador que se lle propón ao lector nada máis abrir o libro. E, desde logo, non decepciona. O trasfondo apocalíptico e demoníaco que se albisca desde o comenzo perdura ao longo de toda a obra. A novela consta de cinco partes, que segundo a nota dos editores resisten lecturas independentes e que habían ser publicadas coma relatos ou novelas curtas –como desexaba o autor. Cinco puntas do pentáculo que constitúe a arquitectura do conxunto total da novela.

Mais, ¿cal é o fío dese horror subterráneo? Diríase que a raigame dese horror afonda nunha linguaxe excesivamente limpa, descarnada coma os restos dun esquelete. É unha linguaxe que rabuña e manca. A voz lírica, que sabemos pola nota final do axente literario de Bolaño, é a de Arturo Belano, personaxe que aparece en outra novela do autor, Los detectives salvajes. Podería ser este un apunte para a relectura conxunta de ambas, xa que tamén se menciona a posibilidade de que a data 2666 aparece nunha visión dun personaxe da mesma novela. En distintos momentos tamén observamos incisos e reflexións sobre a literatura moi interesantes, que contribúen a facer moi recomendable a lectura desta novela.

A dureza e a capacidade de crueldade da alma humana desterran a esperanza dunha humanidade só redimible, acaso, polo amor desinteresado ou pola amistade, dos que só se albiscan breves fulgores. Desde as torturas e asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez á Segunda Guerra Mundial, explóranse os currunchos máis sombríos e arrepiantes da Historia. Por riba desta abafante atmótsfera aboia unha sensación de absurdo, mesmo de “trasmundo”, que se realimenta polos extraños sonos que inquedan ás personaxes. Mesmo hai unha rara aparición do “Testamento Xeométrico” asinado por Rafael Dieste, autor tamén do inefable “Dos arquivos do trasno” (¿coincidencia diabólica?).

venres, 10 de setembro de 2010

"Ecodestrución" (Segunda Parte)

Como dixen hai uns días, mandei vía electrónica un comunicado a Iberdrola, perante as actuacións que esta empresa está a realizar na canle do río Sil, aló pola Ribeira Sacra. Sorprendentemente, a empresa eléctrica contestou á miña mensaxe titulada "O respeto pola natureza" co texto seguinte:

<
Agradecemos su interés y preocupación por los temas ambientales, tan en sintonía con el compromiso que IBERDROLA viene demostrando a lo largo de los años por promover la innovación en este campo y reducir progresivamente los impactos ambientales de sus actividades, instalaciones, productos y servicios. Por ello, lamentamos la publicación de las noticias que vienen apareciendo en relación con la central de San Esteban II en los medios, especialmente porque no son contrastadas antes de su publicación.

Le adjuntamos la nota enviada desde la Compañía a diferentes medios para su publicación en los próximo días, aclarando dicho asunto.

Un cordial saludo,

Iberdrola>>


E o contido da nota:

<<
TRABAJOS DE IBERDROLA EN LA CENTRAL DE SAN ESTEBAN
IBERDROLA se encuentra trabajando actualmente en las obras de la central de San Esteban II, una nueva planta hidroeléctrica de turbinación que supondrá una ampliación de 176 MW sobre la actual, San Esteban I, de casi 300 MW de potencia instalada. Esta ampliación es necesaria para compensar el fuerte desarrollo eólico actual, tal y como se recoge en la ‘Planificación de los sectores electricidad y gas 2008 – 2016’.
La tramitación del proyecto se inició en marzo de 2006, siguiendo el Procedimiento Reglado de Evaluación de Impacto Ambiental. Ya en mayo de 2008 se obtuvo la Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable. Este proceso contó con una única alegación de la Sociedade Galega de Historia
Natural, si bien, por parte de la Confederación Hidrográfica, se consultó a numerosos grupos ecologistas (ADEGA, ADENA, Ecologistas en Acción, SEO, etc) que no hicieron alegaciones.
En estos momentos se está trabajando en la construcción de la toma, estructura por la que entrará el agua desde el embalse a la nueva central para poder producir energía.
Cabe destacar que los informes ambientales de las distintas administraciones han sido favorables, incluyendo los correspondientes a la Xunta de Galicia de la Dirección Xeral de Conservación da Natureza, de la Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental y de la Dirección Xeral de Patrimonio. Dichos informes señalan que en el entorno del proyecto no existe ningún hábitat catalogado
ni ninguna especie prioritaria y que no supone menoscabo para los valores naturales del entorno.
Tanto la DIA como el proyecto de construcción de la central incluyen las obras necesarias para realizar la toma de San Esteban II., para lo cual ha sido preciso bajar el nivel del embalse de San Esteban en 31 metros, dentro del rango de explotación del mismo.
• En este caso IBERDROLA cuenta con un equipo de biólogos especializados de una empresa independiente, United Research Services (URS), compañía especializada en este tipo de situaciones, que ha estado y está monitorizando los niveles del agua a lo largo del embalse de San Esteban, en 13 estaciones o puntos de control puestos en marcha para la ocasión..
• Asimismo, la Compañía controla en todo momento el estado de los embalses de San Esteban y San Pedro, contemplando numerosos parámetros (Concentración de Oxígeno, temperatura, turbidez, amonio, etc), y garantizando así el buen estado ecológico de las aguas.

Septiembre 2010>>

Polo que podemos inferir que non temos de que preocuparnos. ¡¡Viva a patafísica!!


martes, 31 de agosto de 2010

Vellos tópicos.

No medio do camiño da nosa vida, á maneira do toscano, atopeime nunha floresta. Aproveitei a canícula para me deitar a rentes dun centenario carballo, e adormecín case de inmediato abalado o meu sono pola cántiga monótona do vento na verdura.
Soñei cun largacío terreo polo que ía vendo xente sobre quen eu podía meditar. Vin moitos nomes que foran importantes e que, hogano, ficaban na axenda de teléfonos, e eu veña a pasar as follas sen emoción. Tamén vin amigos iridiscentes que afortunadamente sempre fan sorrir e sorrín comigo. E vin seres escuros. E matinei tamén en aqueles que se me presentan imprescindibles. Nos que van ao meu carón. Nos que veñen.
A brisa medrou en vento e despertei nun fungar antigo. Erguínme e seguín o meu camiño.

mércores, 25 de agosto de 2010

"Ecodestrución" por Iberdrola.

Despois de ler sendos artigos publicados en Rebelión.org por Diego Taboada Varela:
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=88940
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=111850
chorou meu corazón por ese recuncho amable da terra, visitado non hai moito, en compaña do meu doce sobriño Iván. ¿El poderán disfrutar os fillos dos fillos do noso río ou xa o terán totalmente devastado as eléctricas coa connivencia silente dos políticos que nos desgobernan?

Boteime ao monte virtual e atopei na web de ADEGA un formulario para lles enviar para que, chegado o momento, poidan limpar o seu cú virtual con el:

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=1011&Itemid=2

e, desde logo, envieillo.

venres, 6 de agosto de 2010

A taberna na cidade

A taberna amenceu hoxe instalada nunha cidade. Ao abeiro do tellado non había niños de merlos ou de pegas, senón unha farola de diseño que alumaba unha fermosa beirarrúa ateigada de macetas con flores de distintas cores. O verán comeza a esvaírse, e as follas das árbores empezan a se acugular nos curros.

Asómome á porta e, divertida, ollo á xente camiñar con présa, cadaquen afondando nos seus pensamentos; renacendo do sono, moitos e outros moitos guiados polos soños da noite aínda non pasada de todo.

Unha parella de chineses achégase a min, sorrindo e facendo lixeiras reverencias coa cabeza. Eu respóndolles imitándoos: sorriso e inclinación de cabeza. Pasan á taberna e póñolles café con leite a ela e cortado para el. Eu agardaba que pediran cha, ou algunha infusión: teño que desfacerme de tanto prexuizo!

A moza, sen deixar de sorrir, pregúntame nun galego bastante bo:
-¿Esta é a taberna que está en venda?
-Miña, aínda non.

Todos tres seguimos sorrindo e ao marcharen, xa era día.