martes, 30 de outubro de 2012
PROVERBIO
"O ferro con ferro se aguza; o home agúzase co trato dos amigos"
...E a muller tamén ;-)
Prov, 27 : 17. Libro dos Proverbios
Marcos, despedido de novo
A primeiros do verán, chegou o mazazo: por aquilo das apelacións, Marcos quedaba despedido de novo, por ter un certo número de baixas por enfermidade, asinadas por un médico do Servizo Público de Saúde de Catalunya. Iso sí, o xuíz esta vez dictou un "despedimento improcedente". Seguro que lle quedou a cabeza descansada! A taberna, que ficou uns meses pechada, non se fixo eco deste acontecemento lamentable... Ímonos poñendo ao día aos poucos.
O 14 de agosto os seus amigos e compañeiros fixemos unha flash-mob aproveitando o pregón das festas de Gràcia.
Agora hai unha rolda de asambleas, compañeiros en folga de fame e máis accións por determinar. Ao meu entender, a folga de fame é, seguramente, unha protesta das máis contundentes que se poden facer. Só podo dicir que o único que me aleda é que Marcos non a faga, pois agora, na adversidade, o que debe e termar da súa saúde.

luns, 29 de outubro de 2012
Luces de Bohemia
Están a representar, na Biblioteca de Catalunya,
as derradeiras andanzas de Max
Estrella, acompañado de Don Latino de Híspalis, que ben se puideran tratar das
versións deformadas nos albores do século XX do paradigma Don Quijote-Sancho
Panza, tamén caricaturas dos heroes medievais. A literatura con maiúsculas
sempre está vixente: metáfora dunha España decadente, composta de cegos
visionarios e de bébedos que non queren ver, e de fame, moita, moita fame. Da
vontade de retratar esa España, Valle-Inclán fundou o esperpento, como
única posibilidade de simulación dun país tan miserable que non acada para unha
traxedia solemne ao estilo dos clásicos atenienses.
A recomendable adaptación dirixida por Oriol Broggi e interpretada pola compañía La Perla 29 asimila maxistralmente a abstracción espacial, que fixera irrepresentable no seu tempo as obras de Valle, e tíraa no seu proveito, facendo e desfacendo escenarios en segundos e “deconstruíndo” a escena clásica en area, ignoro se de touradas ou de circo.
As luces e as escuridades, a decadencia humana e social e
certos instantes da posta en escena evidencian a estética de Goya, quen
fora modelo, tamén, para o autor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)