|
|
Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.
Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos no está feita a lus
do mundo, ó abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.
E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.
Hai unha cousa clara coma a lus:
que no é para nós a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!
E eu como un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…
Díaz Castro. Nimbos (1961).
|
|
Río Neira
|
|
|
Fotografía CC tirada da ligazón: https://commons.wikimedia.org/wiki/File%3ARio_Neira.JPG
|
|