luns, 31 de marzo de 2014

Un día perfecto. Lou Reed.




Un día perfecto;
Bebendo sangría no parque.
E despois, co luscofusco,
Voltamos a casa.

Un día perfecto;
Alimentamos animais do zoo
Despois imos tamén ao cine
E voltamos a casa.

Oh, é un día tan perfecto,
Estou feliz de pasalo contigo
Oh, é un día tan perfecto,
Fas que me sinta ben
Fas que me sinta ben.

Simplemente un día perfecto;
Esquencémolos nosos problemas
Domingueiros de nós mesmos
É tan divertido.

Simplemente un día perfecto;
Fas que me esqueza de min
Coidei que eu era alguén diferente
Alguén bo.

Oh, é un día tan perfecto
Estou feliz de pasalo contigo
Oh, é un día tan perfecto
Fas que me sinta ben.

Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches. 
Recollerás o que sementaches.
Recollerás o que sementaches. 

Tradución: María Carreira.