xoves, 20 de novembro de 2014

Algunhas razóns polas que non podo respectar aos dereitóns.

A diferencia do que pasa noutras latitudes, esta camada de neocons ibéricos que nos gobernan son dados a proclamar as marabillas da xestión privada, non obstante son case todos eles ALTOS FUNCIONARIOS DO ESTADO e nunca, o que se di, nunca, fundaron unha empresa próspera. A ver, ¿alguén me pode dar conta dalgunha?

Por certo, só privatizan o que se pode rentabilizar. Olla, olla cómo acoden prestos a socializa-las perdas das autopistas, das petrolífieras, dos bancos, e, se escae, do canal de Panamá.

Dilapidan cartos públicos en obras faraónicas que, por non achegar, non achegan nin a beleza das de outrora. Se cadra porque, visto o visto, unha gran partida deses cartos puidera ir engraxar segredamente outros petos, ou remata ben gardadiño en contas alpinas pouco correntes, presuntamente. Para eles o patrimonio público é deles, e non contemplan en ningún momento ter que dar explicacións de qué fan coas súas cousas.

Amosan un desprezo absoluto pola clase traballadora, pola xustiza e, no fondo, por aquel concepto con que se lles enche o fuciño nos seus discursos, España. Con todo, eles dicen profesa-la relixión católica, rama euroccidental do cristianismo, da que realmente só lles interesan aspectos litúrxicos (como misas, peinetas e estatuas) e desbotan absolutamente todos e cada un dos preceptos éticos da mesma.

Hai moitas máis razóns, pero case se resumen nestas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario