martes, 8 de marzo de 2011

Marcos, despedido.

Dende hai máis de un mes Marcos xa non ten que "fichar". Despedírono da empresa a el e a Mari Cruz, unha muller de Madrid. A razón é que estivo doente de xeito intermitente máis de 13 días nun prazo de tres meses (é algo así aproximadamente). O caso é que el tiña un parte de baixa do médico, todo legal. E agora, despois de 22 anos traballados, cunha enfermidade crónica, despedido, expulsado, condenado ao paro, pois neste país ¿onde traballar agora?

O medo despregou as súas ás escuras e deixou aos seus colegas cos ollos desmesuradamente abertos e as bocas desproporcionadamente pechadas. Todos nos laiamos, pero non hai quen terme da bandeira.

Pasou un mes, e os compañeiros fixemos unha folga dun día coa súa manifestación e dúas protestas diante do Congreso Internacional de Móbiles. Hoxe, seméllaseme que pasou moito tempo desde aquela e Marcos... Marcos... ¡quen sabe!

Ligazóns:

http://llacunaenlucha.blogspot.com/

http://www.btvnoticies.cat/2011/02/24/protesta-movistar-barcelona-treballadors-acomiadaments-ero/

http://www.indymedia.org/pt/2011/03/946413.shtml

Ningún comentario:

Publicar un comentario