mércores, 13 de abril de 2011

Neoliberalismo con fame voraz.


É arrepiante ver como se van desmantelando a unha velocidade espectacular todos e cada un dos servizos dos que nos proveía o estado (mellor ou peor) en favor de empresas privadas.

Repiten o que fixeron con Telefónica, Endesa ou Renfe en aras da competitividade e do libre mercado e agora empréndena co pouco que ó arruinado sector público lle queda: aeroportos, sanidade e caixas de aforros.

Conócese que ata agora lles foi moi ben e que a receta proporcionoulles suculentos manxares. Miren, señores, miren, ollen cómo dilapidan a súa contribución en bancos e para vostedes, si, para vostedes vailles quedar todo o seguinte:

- Moita saúde: máis lle vale. E se se pon doente, para contribuír a súa mellora instantánea, aguilloaránlle coa posibilidade de despido para a súa pronta recuperación coa perda do seu posto de traballo. Gozará dunha longa espera e dunha asistencia retardada cando xa non haxa que facer.
- Conciencia de clase: instigarán@ contra outr@s traballadores coma vostede, cando o que eles xestionan non funcione; alguén ten que levar a culpa. Véxase caso dos controladores aéreos.
- Transportes modernísimos. Iso si, pasando todo quisque por Madrid, que para iso é a capital do reino.
- Liberdade para escoller: ¿non cambiou de proveedor de electricidade ou teléfono? Non se preocupe, xa o cambiarán eles “déixeme ver a factura e verá qué aforro lle agarda”. E se nin por esas, xa o freirán a chamadas de teléfono a todas horas e tódolos días... ¡algún día caerá!
- Pensións cando se xubile: coas que non poderá pagar o que vale un xeriátrico e que Dios @ colla confesad@ se encima está enferm@.
- Garderías e colexios maravillosos. Todos en barracóns avalados por consultoras que certifican que cumpren as normas de calidade ISO (inventadas por alguén xenial). ¡Cunha mínima inversión!
- E moitas vantaxes máis!!

Emporiso, cando un banco fai augas, inxéctanlle os nosos cartos porque, xa que nos chuchan o sangue, é deber de todos protexelos. Non tema, o seu sangue non será chuchado en van: ¡eles nunca sucumbirán!

1 comentario:

  1. Mas o pior é que estamos todos anestesiados, com medo demais de ser o próximo a ficar sem emprego. Já perdemos quase todos os direitos, tudo aquilo que custou tanto conseguir... E agora, quando vamos voltar a reconquistá-los? A crise está a ser a escusa perfeita para muitos abusos.

    ResponderEliminar